A VÍA DE KÜNIG NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

La Voz de Galicia (10-5-2015): "Pedirán a la Xunta que oficialice la variante del Camino por los Ancares"

  

El Progreso (31-5-2015): "Rumbo a Compostela polos Ancares"

La Voz de Galicia (3-12-2015): "Patrimonio: En centro sociocultural de Baralla a las 20:00 horas"



La Voz de Galicia (15-12-2015): "El bautizo noble y germano que prueba la existencia de la Vía de Künig en Os Ancares"

Televisión de Galicia (31-7-2015): "A Vía de Künig: Ruta alternativa ao Camiño Francés nos Ancares"



El Correo Gallego (5-2-2016): "Do patrimonio ancarés"




La Voz de Galicia (3-6-2016): "A Vía de Künig no pleno da Deputación"


La Voz de Galicia


La Voz de Galicia (15-11-2017): "Patrimonio dos Ancares y Val de Torés organizan unha ruta de Torés a Becerreá"

 

La Voz de Galicia (19-11-2017): "Nueva ruta del Camino de Santiago de Os Ancares"


 
El Progreso (20-11-2017): "Un colectivo reivindica con una ruta la variante del Camino por los Ancares"


La Voz de Galicia (26-10-2018): "Nuevo paso para poner en valor la Vía Künig a Santiago"


La Voz de Galicia

 
La Voz de Galicia (1-11-2018): "La Xunta no adminte la Vía Künig"



La Voz de Galicia (1-11-2018): "A Deputación impulsa a creación dun aparcamento de autocarabanas en Baralla"


 
La Voz de Galicia (4-11-2018): "En resposta ao Xacobeo e á Mancomuniade sobre a Vía Künig"


Ruta pola Vía de Künig e concerto na igrexa de Penamaior (Outubro de 2019)


 

Galicia Xa (xuño 2022). Entrevista

Galicia Xa

CONTACTA CON NÓS

Se desexas contactar con nós para recibir algunha información complementaria, contarnos a túa experiencia ou achegarnos novos datos sobre a variante (documentos, tradición oral, lendas, etc), podes facelo á seguinte conta de correo:



MOVÉMONOS POLA VÍA DE KÜNIG

En abril do ano 2015, os do Colectivo Patrimonio dos Ancares e a Asociación Val de Torés visibilizamos ante os Concellos de Pedrafita do Cebreiro, As Nogais, Becerreá e Baralla e a opinión pública esta variante do Camiño de Santiago que bautizamos como Vía de Künig, en honra do monxe alsaciano Hermam Künig de Vach quen escribiu unha guía no ano 1495.

Dende aquelas, ademais de presentar a proposta para o seu recoñecemento pola Xunta de Galicia, realizamos distintos actos para dala a coñecer.
 
MESA POLOS CAMIÑOS DE SANTIAGO 

O día 29 de setembro de 2016 fomos invitados pola Deputación Provicial de Lugo a participar na I Mesa Provincial dos Camiños de Santiago. Ademais das asociacións e colectivos, tamén participaron na xornada a Dirección Xeral do Patrimonio, Turismo de Galicia (Xacobeo), a Deputación de Lugo e os Concellos da provincia por onde pasan os distintos camiños a Compostela. A petición nosa acordouse pular pola variante do Camiño de Santiago (Vía de Künig) polos Ancares. 

As asociacións e colectivos presentes non quixemos deixar pasar a oportunidade para amosar os atrancos que se poñen para valorizar os Camiños, a maior parte das veces causados polo desinterese das propias administracións públicas, ou por motivos que deixan á marxe o seu valor patrimonial. As Administracións presentes comprometéronse a que a Mesa teña continuidade.

 

A VARIANTE NO PLENO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

O día 31 de maio de 2016, o deputado provincial e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, presentou no Pleno da Deputación de Lugo unha moción para que o organismo provincial apoiara a nosa proposta para que sexa recoñecida pola Xunta de Galicia.
 
Votaron a favor os grupos do PSOE  e do BNG. O PP abstívose, alegando que había que esperar a que a Xunta de Galicia se pronunciara, postura pouco comprensible pero respetable naquel momento que a finais do ano 2018 se veu abaixo cando o alcalde das Nogais promoveu o "Proxecto Künig" coa única intención de pasar a variante pola capital municipal. Dende esas, e "sen pronunciarse" a Xunta de Galicia, "peregrinaron" todos a unha. 

CHARLAS

O día 4 de decembro de 2015 celebramos na Casa da Cultura de Becerreá un acto para que se recoñeza a variante do Camiño de Santiago polos Ancares.

 
 

O 4 de decembro do mesmo ano celebrámolo no Centro Sociocultural de Baralla. Destas contamos coa inestimable presenza de Xerardo Pardo de Vera quen nos ilustrou cos seus coñecementos sobre os Camiños de Santiago.

 

O 16 de abril de 2016 tivemos o acto nas Nogais. Durante o coloquio houbo momentos con posicións encontradas canto ao discorrer dalgunhas partes do itinerario polo municipio, principalmente co alcalde quen se posicionou cxunto cunha persoa que asegurou dispoñer de documentación que testemuña que a variante pasaba pola cabeceira municipal. Nós invitámolos a que, pola súa importancia, presentaran esa documentación, cousa que non fixeron, nin daquelas nin nunca. E hai máis: no PXOM do Concello os redactores non fan mención por ningures a que a variante pasara pola capital municipal, pola contra, manteñen o itinerario proposto por nós. A finais do ano 2018 entendemos a postura do alcalde cando creou o denominado "Proxecto Künig" cuxa única intención, e ausencia total de rigor, radica en pasar o camiño pola capital municipal. (Máis información na "Presentación" deste blog). 

 

ANDAINAS POLA VARIANTE

O domingo 5 de novembro de 2017, unhas 100 persoas realizamos unha etapa entre Becerreá e Baralla. Contamos coa presenza da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da provincia de Lugo. O mosteiro cisterciense de Penamaior atópase na metade do percorrido. En Baralla, o Concello agasallounos cun refrixerio ao remate da andaina.

 
 

O 18 de novembro de 2017 fixemos a andaina entre Torés e Becerreá. Este percorrido, de non moita dificultade, transita entre centenarios castiñeiros e carballos, pasando a carón de castros da Idade do Ferro, castelos medievais, igrexas, fontes e muíños. Ao día seguinte, unha asociación de Cambre comunicounos que estarían encantados de acompañarnos na próxima marcha.

 

RUTA POLA VÍA DE KÜNIG E CONCERTO NA IGREXA DE PENAMAIOR

O domingo, 6 de outubro de 2019, celebráronse unha serie de actos que tiveron como centro a igrexa mosteiral de orixe románica de Santa María de Penamaior, en Becerreá, organizados por Espazos Sonoros, coa colaboración do Concello de Becerreá, Xacobeo 2021 e o Colectivo Patrimonio dos Ancares. Ás 12 da mañá, 150 persoas realizaron unha ruta que partiu dende a igrexa por unha variante do Camiño de Santiago que discorría pola comarca dos Ancares e pasaba polo mosteiro de Penamaior. Este camiño, bautizado como Vía de Künig, foi descrito polo monxe alsaciano Hermann Künig de Vach nunha guía no ano 1495, itinerario no que dende o 2015 levan a traballar o Colectivo Patrimonio dos Ancares e a Asociación Val de Torés que presentaron a solicitude ante a Xunta de Galicia para o seu recoñecemento. Logo dunha parada para comer e visitar a propia igrexa, achegámonos ata a pequena capela do San Lourenzo onde, segundo a tradición, puido ter orixe o asentamento monacal. Tamén se contou a historia e do mosteiro e da igrexa e as lendas tecidas ao seu redor. Ás 19 horas, na igrexa, acto central cun concerto de música medieval a cargo do grupo Capella de Ministrers, composto por María Jonas (canto e sinfonía), Carles Magraner (viella, viola e rabel), Robert Cases (laúde, arpa, cítola e vihuela de péñola), e Eduard Navarro (oud, cornamusa, duduk e paku). Capella de Ministrers recompila música e poesía da Idade Media de autores como Rigaud de Berbezilh, Thibault de Campagne, Walter von der Vogelweide ou Heidhart, arredor de textos de Chrétien de Troyes, Robert de Boron ou Wolfram von Eschenbach, pais da lenda do Santo Graal, o cáliz que se di foi utilizado por Cristo durante a Derradeira Cea e que tanta literatura ten xerado ao longo dos séculos. O grupo ten unha importante proxección internacional, e ten gravada unha abondosa produción discográfica, distinguida polas mellores mencións e premios. O concerto na igrexa de Penamaior foi todo un éxito, coa asistencia dunhas 200 persoas. Vaia dende eiquí o noso agradecemento a Espazos Sonoros que traballaron arreo (coma sempre) para organizar o magnífico evento.






POLA VÍA DE KÜNIG NO DÍA DO PATRIMONIO MUNDIAL

Con motivo da celebración, o 16 de novembro de 2019, do Día do Patrimonio Mundial, dende Patrimonio dos Ancares organizamos unha serie de visitas a distintos lugares da Vía de Künig citados na solicitude para o seu recoñecemento que hai tres anos fixemos ante a Xunta de Galicia.

 

O motivo de dedicarlle este ano 2019 a esta variante do Camiño de Santiago, que dende o Alto de Pedrafita ía ata a cidade de Lugo onde enlazaba co Camiño Primitivo, débese a que por estas datas de hai catro anos (2015) os do noso colectivo, xunto coa asociación Val de Torés. visibilizámola, por ser unha gran descoñecida, ante veciñas e veciños e os Concellos por onde pasa. Dende aquelas organizamos diversos actos e actividades coa impartición de charlas, andainas, participación en distintos foros, presentación de mocións nalgúns Concellos e na Deputación Provincial de Lugo, etc. 
 
Entre o sábado e domingo achegámonos ata a torre de Doncos (As Nogais), a igrexa mosteiral de Penamaior (Becerreá), Pacios (Baralla), Hospital de Chamoso (O Corgo) e o convento-fortaleza de Conturiz (Lugo).
 
En Galicia, arredor de medio cento de asociacións e colectivos que integramos a Rede do Patrimonio Cultural celebramos algún tipo de actividade. Aí deixamos a ligazón ao mapa interactico da Rede.